Bo partido do Cidade malia a derrota

O equipo de Daniel Ibañes desequilibró o partido nos últimos minutos co porteiro-xogador e logrou billete para a final da Copa Xunta. O Cidade realizou un bo encontro e obrigou ao Burela a poñer toda a carne no asador. Os goles de Álex e de Chicho non chegaron para conseguir o pasaporte á final de copa

Narón, 24 de febreiro de 2016.- Non puido ser a pesar do bo partido que desenvolveu o Cidade de Narón esta tarde na Gándara. O equipo de Javi Albes tivo opcións de gañar e de lograr o pase á final ata os últimos minutos de partido. A figura do porteiro-xogador con Juve posibilitou dous roubos de balón do Burela que setenciaron o partido. O conxunto naronés realizou unha boa segunda parte e tivo a iniciativa do xogo durante varios minutos e puido adiantarse no marcador.

O Burela comezou forte grazas ao seu ton físico e xerou varias aproximaciones con perigo á porta de Arrivi. Chano, Iago Rodríguez, Bruno Petry e Antoñito buscaron o tiro desde todos os ángulos pero atopáronse cun gran Arrivi baixo paus. O Cidade chegou pouco á porta do naronés Edu pero con perigo. Así no minuto 8 chegou o primeiro tanto da tarde, obra de Álex tras un saque de falta directa que sorprende ao guardameta do Burela. Pura estratexia. A alegría do Cidade durou pouco xa que na seguinte xogada o Burela empató co tanto de Bruno Petry, que aproveitou o despiste defensivo para sorprender a Arrivi cun tiro desde os 12 metros.

Malia as aproximaciones do Burela, o conxunto lucense puido remontar grazas á transformación dun penalti por parte de Chano. Con 1 a 2 chegaron os mellores minutos do Burela que obrigaron a Javi Albes a solicitar un tempo morto. A primeira parte acabou cun tiro ao larguero de Juve desde os 15 metros. Puido ser o empate pero non houbo tempo para máis e con vitoria pola mínima do Burela chegouse ao descanso.

Trala reanudación chegaron os mellores momentos do Cidade e o Gol do empate, obra de Chicho. O xogador madrileño inventouse un tiro á escuadra, difícil de parar para Edu. Con empate a dous tantos o Cidade creceuse e puido sentenciar o partido. Un roubo de balón que subiu Chicho e que pasou a Alex na última liña de pase pero que finalmente logrou rexeitar Edu co pé. Tamén outro roubo de balón de Róber con tiro cruzado posterior ao segundo pau, que rexeitou finalmente Edu. Todo ía ben para o Cidade ata que chegou o gol de Chano, tras un rebote e despois do saque dunha falta. Con 2 a 3 Javi Albes viuse obrigado a sacar o porteiro-xogador con Juve a falta de cinco minutos para acabar o partido. Esta circunstancia posibilitou o roubo de dous balóns que sentenciaron o partido a favor do Burela. O cuarto tanto foi obra de Petry e o quinto marcouno Isi. Desta forma o Burela asinou o seu pase á final da Copa Xunta.

Ficha técnica:

Cidade de Narón: Arrivi, Chicho, Iago, Juve, Pedrito. Tamén xogaron Róber, Álex, Brais, Víctor, Cokito, Iván

CD Burela FS: Edu, Chano, Bruno Petry, Jorge, Helder. Tamén xogaron Isi, Iago Rodríguez, Antoñito, Renato, Carlitos

Goles: 1-0, min 8: Álex; 1-1, min 9: Bruno Petry; 1-2, min 11: Chano (penalti);2-2, min 22: Chicho; 2-3, min 32: Chano; 2-4, min 37: Bruno Petry; 2-5, min 37: Isi.

Árbitros: Carreira Romeu e Moreira Bermúdez. Amonestaron a Arrivi, Chicho e Juve polo Cidade de Narón e a Carlitos polo CD Burela FS.

Pabellón: A Gándara.

Cidade-Burela, primeira semifinal da Copa Xunta

O vindeiro mércores ás 21:15h enfrontaranse os dous equipos no pabellón da Gándara co pase á final en xogo. Javi Albes convocou adestramento para hoxe luns e mañá martes

Narón, 22 de febreiro de 2016.- O Cidade de Narón enfrontarase ao Burela FS na primeira semifinal da Copa Xunta de Galicia 2015-2016. O partido xogarase este mércores a partir das 21.15h no pabellón da Gándara. A outra semifinal enfrontará ao conxunto da Estrada FS ante o Santiago FS o próximo 9 de marzo no pabellón Coto Ferreiro da Estrada, tamén ás 21.15h.

O Cidade de Narón chegou á semifinal da copa autonómica logo de eliminar ao Parrulo por 4 a 2 en cuartos de final. Pola súa banda o Burela fixo o propio ante o Bembrive FS por 3 a 5.

A Estrada clasificouse logo de eliminar ao Prone de Lugo na tanda de penaltis, -o encontro acabou con empate a cero goles-, e o Santiago FS conseguiu praza para semifinais tras gañar ao Xove FS por 3 a 8.

Cidade-Burela, este mércores ás 21.15h no pabellón da Gándara. Semifinais Copa Xunta 2015-2016

Goleada do Cidade xuvenil cun Iván protagonista

Todos os equipos da canteira lograron vitorias este fin de semana. Iván conseguiu cinco dos sete tantos dos xuvenís, que ascende á parte de arriba da clasificación na división de honor

Narón, 22 de febreiro de 2016.- Importante vitoria do Cidade de Narón xuvenil ante o conxunto compostelano da Gaiola FS. O equipo de Pedro Rivera venceu por 7 a 5 nun segundo tempo desequilibrante que se decantó para o conxunto naronés nos últimos 10 minutos. Iván logrou cinco dos sete tantos que se completaron cos conseguidos por Iago e Guille, os homes máis resolutivos do conxunto xuvenil. Ao descanso o equipo de Santiago vencía por 3 a 4 nunha primeira parte moi igualada que se inicio co tanto de Iván pero que A Gaiola logrou remontar ata colocarse por diante no electrónico.

Na segunda parte chegou a remontada local e eses 10 últimos minutos onde o Cidade logrou impornerse. Os xuvenís colócanse con 26 puntos na parte de arriba da clasificación do grupo I da División de Honor Xuvenil.

Ficha técnica:

Cidade de Narón: Bruno, Antonio, Guille, Iván, Iago. Tamén xogaron Martín, Mario, Casal, Esparza

A Gaiola FS: Pablo, Dani, Miguel, Dario, Adri. Tamén xogaron Rubén, Diego, Iván, Jesús, Izán.

Goles: Anotaron polo Cidade Iván(5), Iago, Guille e pola Gaiola Dario (2), Jesús (2), Diego (1)

Árbitros: Manuel Dans Rei e Borja Moreira Fernández. Mostraron tarxetas a Iván polo Cidade de Narón e a Adri e Jesús pola Gaiola FS.

Pabellón: A Gándara

Pleno de resultados na canteira Neumáticos Fraguela

Os cadetes iniciaron o excelente fin de semana impoñéndose ao Narón FS por 2 a 8 no seu feudo do pabellón das Lagoas de Freixeiro. Os prebenjamines venceron ao equipo da Solaina A por 10-0 e os infantís fixeron o propio co conxunto de D`Sempre Café por 0 a 2. O equipo benjamín tamén cosechó unha vitoria ante A Solaina por 0 a 14 e o equipo A de os alevines venceron ao Unidade de Fene por 5 a 2

Resultados fin de semana Neumáticos Fraguela

Div Honor Xuvenís | Cidade Narón-7 SD A Gaiola-5

Liga Galega Cadetes | Narón FS-2 Cidade de Narón-8

Infantil | DSempre Café-0 Cidade de Narón-2

Alevín A | Cidade de Narón-5 Unidade de Fene-2

Alevin B | DESCANSA

Benjamin | CD A Solaina B-0 Cidade de Narón-14

Prebenjamin | Cidade de Narón-10 CD A Solaina A -0

O xuvenil intentará consolidar a vitoria ante A Gaiola

Este fin de semana non xogará o primeiro equipo e o conxunto xuvenil enfrontarase ao conxunto compostelano da SD A Gaiola FS. Pedro Rivera contará con todo o persoal salvo Iván

Narón, 19 de febreiro de 2016.-O equipo xuvenil do Cidade de Narón enfrontarase este domingo ás 11.30h na Gándara ao conxunto santiagués da SD A Gaiola FS. Este equipo ?é un conxunto de primeiro ano que xogan moi directos, presionan moito e utilizan bastante a figura do porteiro-xogador?, manifesta o técnico do equipo xuvenil do Cidade de Narón Pedro Rivera. O adestrador poderá contar con todos os seus efectivos salvo Iván, lesionado. O Cidade de Narón chega a esta 17º xornada con 23 puntos no seu haber. O conxunto de Pedro Rivera sumou 7 vitorias, dous empates e sete derrotas.

A SD A Gaiola FS é un equipo de Santiago de Compostela que ocupa a posición 11º na clasificación da División de Honor Xuvenil, grupo I. O conxunto compostelano suma 9 puntos dos seus tres vitorias. A Gaiola encaixou 13 derrotas e afronta este partido coa necesidade de puntuar.

A división de honor xuvenil está liderada polo IES Coruxo FS de Vigo con 38 puntos seguido do Burela FS con 37 e o Vigo 2015, que mantén 34 puntos. Na cuarta posición atópase o Santiago FS e na quinta praza o Bueu. Nos postos anteriores ao Cidade de Narón están o Leis de Pontevedra e o Noia FS con 25 puntos respectivamente, é dicir, dous puntos máis que o Cidade de Narón.

Axenda fin de semana

Div Honor Xuvenís | A Gándara-dom, 11.30h | Cidade Narón-SD A Gaiola

Liga Galega Cadetes | As Lagoas, dom, 10.45h | Narón FS-Cidade de Narón

Infantil | A Gándara, dom 17.30h | D?Sempre Café-Cidade de Narón

Alevín A | A Gándara, dom 19.45h | Cidade de Narón-Unidade de Fene

Alevin B | DESCANSA

Benjamin | A Gándara, dom 16.45h | CD A Solaina B-Cidade de Narón

Prebenjamin | A Gándara, dom 16h | Cidade de Narón-CD A Solaina A

Neumáticos Fraguela é o novo patrocinador da Escola do Cidade de Narón

A firma ferrolana comprometeuse coa entidade naronesa durante dúas tempadas

Narón, 17 de febreiro de 2016.- A firma ferrolana Neumáticos Fraguela é o novo patrocinador da Escola do Cidade de Narón. O presidente do Cidade de Narón Moncho Padin e os administradores da firma Sonia Fraguela e Javier Ferreiro asinaron esta tarde o convenio de colaboración coa entidade naronesa.

Neumáticos Fraguela comprometeuse a patrocinar a Escola do Club durante esta tempada 2015-2016 e a próxima campaña 2016-2017.

A Escola do Cidade de Narón está formada por 120 nenas e nenos de 6 equipos das categorías chupete, biberón, prebenjamin, benjamín, alevin e infantil.

01_concello_naron.jpg02_padroado_deportes.jpg03_xunta_de_galicia.jpg04_fundacion_deporte_galego.jpg05_deputacion_coruna.jpg06_mafer.jpg07_fraguela.jpg
02_logo_marcial.jpg03_logo_TOBS.jpg04_logo_tintosec.jpg05_logo_cadenadial.jpg06_Logo_Telecom.jpg07_logo_Terafis.jpg08_viaxes_naron.jpg09_autos_camilo.jpg12_urbaser.jpg13_logo_calzadosmara.jpg15_logo_joyeria_fidalgo.jpg16_tienda_taberna_chis.jpg18_logo_error_ferrol.jpg19_logo_avansig.jpg22_Valio_marquesina.jpg29_Ramos_marquesina.jpg30_InmoCallao_marquesina.jpg31_Carlos_Veiga_marquesina.jpg