Esteo tiempo muerto web

Táboas no derbi entre Cidade de Narón e O Esteo

Repartición de puntos na Gándara cun 4-4 final

Narón, ao 9 de febreiro de 2019.- Partido decisivo o vivido esta tarde para ambos os equipos que pelexaban por manterse nesas posicións altas da clasificación cun empate que resulta satisfactorio para ambos os equipos vista a igualdade do encontro.

Na primeira metade, desenvolveuse un fútbol con diferentes alternativas, cos locais presionando en cancha rival ao equipo das Pontes que conseguiu superar en diversas ocasións aos de Albes con varias faltas perigosas ao bordo da área que inquietaron a Niceto pero non conseguiron pasalo. Pola súa banda, o Cidade de Narón tivo as súas opcións pero foi Brais quen superou ao porteiro visitante chegando así ao descanso.

Na segunda parte, o Cidade de Narón levou o peso do partido asfixiando no seu propio campo a O Esteo, especialmente no primeiros dez minutos nos que chegarían os goles de Brais e Buján.

A partir de entón, os locais baixaron a intensidade o             que foi aproveitado polo conxunto pontés para conseguir o empate que minutos máis tarde conseguía desfacer Diego.

Nos últimos minutos O Esteo sacou porteiro–xogador logrando o empate final a través de Ayalita.

Ficha técnica:

Cidade de Narón: Niceto, Brais, Diego, Guille e Iván. Tamén xogaron: Iago, Buján, Mario e David.

O Esteo: Javichu, Durán, Cokito, Jacobo e Héctor. Tamén xogaron: Rober, Brunito, Troncho, Ayalita e Dani.

Goles: 1-0, min. 7: Brais; 1-1, min. 21: Jacobo; 2-1, min. 22: Brais; 3-1, min. 27: Buján; 3-2, min. 29: Cokito; 3-3, min. 34: Troncho; 4-3, min. 37: Diego; 4-4, min. 39: Ayalita.

Árbitros: Roberto Amor e Jose M. Carreira.

Amoestaron a Buján, Mario, Niceto e Iván para o Cidade de Narón e a Alex Durán e Jacobo para O Esteo.

Pavillón: Pavillón Municipal da Gándara

Esteo Iago-Bertito web

Cidade de Narón e O Esteo enfróntanse nunha nova xornada de liga

O partido dispútase o vindeiro sábado ás 18:00 na Gándara

Narón, ao 8 de febreiro de 2018. – Apaixonante duelo o que terá lugar en Narón esta fin de semana coa disputa dun novo derbi entre o equipo das Pontes e o conxunto naronés, quinto e cuarto clasificado respectivamente.

O Esteo comezou de forma fulgurante a segunda volta sendo moi solventes na súa pista e desenvolvendo unha capacidade goleadora que lles permite estar a pelexar por eses postos altos.

Son dous equipos que se coñecen moi ben que xa se viron as caras en dúas ocasións no que evamos de tempada con vitoria para os de Javier Albes en ambos os partidos.

Para este derbi, os locais sairán ao partido con todos os seus efectivos dispoñibles fóra de Bertito que ten que pasar por unha pequena cirurxía que o fará estar apartado das pistas un pequeno tempo.

Javier Albes comentaba antes do partido:

“Temos que ir a por os tres puntos. Non podemos permitirnos deixarnos puntos en casa se queremos seguir estando neses postos de cabeza e máis fronte a un rival directo. Para esta ocasión contamos co apoio da nosa xente que nos dará ese alento para tratar de levarnos a vitoria”.

Mario Benavente web

O Cidade de Narón cae ante o líder

Bo partido dos galegos que realizaron un bo partido pero non puideron facer fronte á efectividade do conxunto zamorano (7-3).

Narón, ao 2 de febreiro de 2019. – Bonito partido o que se viviu na pista do primeiro clasificado na tarde do sábado. O partido a priori presentábase interesante entre o Atlético Benavente, rival a bater e o Cidade de Narón buscando levantarse a esa pelexa polo título ligueiro.

O partido comezou con ambos os equipos defendendo en tres cuartos de cancha e con varias ocasións a favor dos visitantes, pero foi Malaguti quen abriría o marcador para os locais no minuto dous aproveitando unha mala saída de Arriví. A reacción do Cidade non se fixo esperar e pouco máis tarde Diego fai o empate cun gran lanzamento que pon o balón na escuadra.

A partir de aquí o partido acóugase uns minutos con ambos os equipos mantendo a defensa en ¾ pero novamente Malaguti excede ao porteiro naronés cun tiro de falta.

O Cidade trata de empatar de novo con dúas ocasións moi claras, unha delas de Iván ao pau. Con todo, Charly foi quen de conseguir ampliar diferenciades no marcador tras un espectacular gol desde vinte e cinco metros. Este gol pasou factura aos de Albes que a punto estiveron de encaixar gol en dúas novas ocasións.

A segunda parte iníciase coa mesma tónica que a primeira. O Cidade moi ordenado defensivamente e o Benavente mantendo a posesión na súa cancha para buscar as costas dos rivais. Así é como chega o cuarto dos locais a través de Selu que soubo aproveitar un erro defensivo dos de Narón.

O Cidade de Narón tenta recortar distancias subindo as liñas pero non conseguían xerar perigo xa que se atopaban cun Atl. Benavente moi cómodo xogando con Charly como pivote.

A falta de oito minutos, Albes decide sacar o porteiro – xogador e xa na primeira xogada Mario consegue marcar tras un disparo que rebota en Charly.

Nos últimos minutos diferentes accións de perigo para ambos os equipos romperon o partido pero finalmente os locais fixéronse cos tres puntos e afianzan aínda máis o seu liderado.

Ficha técnica:

Atlético Benavente: Tomás, Simón, Alexander, Sergio e Malaguti. Tamén xogaron: Charly, Cala, Anxo, Yayo e Selu.

Cidade de Narón: Ariiví, Diego, Brais, Guille e Iván. Tamén xogaron: Iago, David, Mario, Bertito e Rubén.

Goles: Malaguti (4), Charly (2) e Selu por Atl. Benavente. Iván, Diego e Charly (p.p.) por Cidade de Narón.

Árbitros: Mariano Merino e Sergio Moreno de Segovia. Amoestaron a Malaguti e Sergio para Atl. Benavente e a Guille e Diego por Cidade de Narón.

Pavillón: Pavillón Municipal A Rosaleda (Benavente)

Bujn Benavente web

O Cidade de Narón enfróntase ao líder da categoría

Mídese ao Atlético Benavente o sábado ás 19:00

Narón, ao 1 de febreiro de 2019. – Partido complicado o que lle espera esta fin de semana aos pupilos de Javier Albes. Visitan ao Atlético Benavente, líder en solitario da liga que vén de gañar doce partidos consecutivos sendo ata o momento o equipo con menos goles encaixados ata a data o que demostra a súa gran efectividade defensiva. Posúen un persoal moi completo que conta con diferentes alternativas en ataque ademais de dominar as situacións con xogo de pivote e especialmente as transicións ofensivas.

O combinado naronés emprenderá camiño dirección Benavente o sábado ás 13:45. Nesta expedición estarán todos os xogadores habituais fóra de Iago e Buján que carrexan problemas físicos, sendo dúbidas ata última hora.

O técnico galego comentaba antes do partido: “Sabemos que imos a unha pista complicada, pero trataremos de romper esa boa serie pola que pasa o At. Benavente coa mira posta en seguir enganchados a eses postos de cabeza. Estamos pendentes de Iago e Buján, dúas pezas crave deste persoal que serán de gran importancia se conseguen ser da partida o sábado en Zamora”.

Guille Albense web

O Cidade de Narón tráese un punto da súa visita a Alba de Tormes

A igualdade entre ambos os equipos conduciu ao 2-2 final.

Narón, ao 19 de xaneiro de 2019. – Frenético o partido disputado esta tarde en Salamanca. Un comezo fulgurante dos locais, algo máis enchufados que os de Narón, fixo que nos primeiros minutos conseguisen xerar perigo a través de numerosos córneres e saques de banda próximos á meta de Alberto. A medida que pasaban os minutos o Cidade comezaba a cobrar un maior protagonismo no xogo e a crear perigo sobre a portería salmantina, chegando ao descanso co 1-1 no marcador.

A segunda parte foi moito máis aberta na que Albense FS sentía moito máis cómodo grazas a numerosas situacións de transición. Esta certa comodidade do Albense FS foi neutralizada por Iván que faría o 1-2 tras recibir un balón no pivot. Pouco máis tarde, o Albense, tras varios minutos contando co balón na súa posesión conseguía empatar o partido a través de Diego que resolvería un man a man ante Alberto de forma maxistral.

De aquí ao final sucedéronse as ocasións en ambas as porterías destacando a actuación de ambos os porteiros que evitaron que o resultado fose máis avultado.

Ficha técnica:

Albense FS: Carlos, Javi Pérez, Cris, Diego e Pinto. Tamén xogaron: Morais, Raúl, Motta, Juanan, Reyes e Miguel.

Cidade de Narón: Alberto, Iván, Guille, Brais e Iago. Tamén xogaron: Bertito, Diego e David.

Goles: 1-0, min. 9: Pinto; 1-1, min. 10: Brais; 1-2, min. 26: Iván; 2-2, min. 28: Cris.

Árbitros: Luís A. Gregorio e Alberto Macías. Amoestaron a Javi, Morais e Miguel para o Albense FS e a Brais e Alberto para o Cidade de Narón.

Pavillón: Pavillón Municipal Alba de Tormes.

01_concello_naron.jpg02_padroado_deportes.jpg03_xunta_de_galicia.jpg04_fundacion_deporte_galego.jpg05_deputacion_coruna.jpg06_mafer.jpg07_fraguela.jpg
02_logo_marcial.jpg03_logo_TOBS.jpg04_logo_tintosec.jpg05_logo_cadenadial.jpg06_Logo_Telecom.jpg07_logo_Terafis.jpg08_viaxes_naron.jpg09_autos_camilo.jpg12_urbaser.jpg13_logo_calzadosmara.jpg15_logo_joyeria_fidalgo.jpg16_tienda_taberna_chis.jpg18_logo_error_ferrol.jpg19_logo_avansig.jpg22_Valio_marquesina.jpg29_Ramos_marquesina.jpg30_InmoCallao_marquesina.jpg31_Carlos_Veiga_marquesina.jpg