Cidade-Santiago Sama web

O Cidade de Narón prepara o encontro fronte ao Ventorrillo FS

O partido disputarase o sábado ás 18:00 horas no Pavillón da Gándara

Narón, a 26 de outubro de 2018.- Este fin de semana o Cidade de Narón recibe na súa cancha ao Ventorrillo Fs. O club da cidade herculina arrincou a tempada en moi boa forma tras confeccionar un gran plantel para este curso. Presenta un equipo moi variado cuxas principais ameazas son o xogo de pívot, xogadores cunha gran capacidade de desborde e unha gran intensidade defensiva.

En canto aos locais, Albes non poderá contar con Guille xa que debe de cumprir o partido de sanción trala expulsión ante Guardo Fs. Tamén será dúbida ata última hora Bertito debido a un golpe no pé sufrido no último partido.

O técnico naronés comentaba antes do partido: ”Non podemos fallar neste partido xa que se trata dun rival directo ademais de que xogamos en casa. Vai ser un partido aberto con moitas transicións onde o que mellor as resolva levarase os tres puntos”.

Espérase unha gran tarde de futbol sala na localidade xa que antes do partido do primeiro equipo, ás 16:00 os Cadetes de Liga Galega disputarán a súa partida fronte ao Lugo Sala, así como ás 20:00 horas será a quenda dos Infantís de Liga Galega tamén fronte ao Lugo Sala.

Guardo-Cidade web

O Cidade de Narón encaixa unha dura derrota en Palencia

O Guardo FS superou aos naroneses por un 5-1

Narón, a 20 de outubro de 2018.- Os pupilos de Javier Albes desprazábanse o fin de semana cara á localidade de Guardo para enfrontarse a un equipo que ata o momento non coñecía a derrota.

A pesar do resultado, o partido do Cidade de Narón foi bo, excluíndo os últimos cinco minutos onde puntuales erros condenaron aos visitantes.

Na primeira parte o Cidade realizou un excelente traballo defensivo e contou con ocasións que non conseguiron materializar.

Na segunda parte tamén buscaron adiantarse no marcador onde Guille e Rubén contaron coas dúas ocasións máis claras. No minuto 25 chega o primeiro gol para os locais nunha xogada dun para un en media cancha. A partir de aquí o Cidade de Narón sóubose recompoñer e puido crear as súas ocasións ata que no minuto 32 unha condución no bordo do área fai que o balón se vaia á esquina e cando o xogador naronés quere despexar, rebota nas costas dun xogador contrario e o balón entra na portería. A partir de aquí o Cidade empezou a descompoñerse e encaixan tres goles máis cando buscaban reducir diferenzas con porteiro-xogador.

Ficha técnica:

Guardo FS: Gómez, Beto, Iván, Chochy e Óscar. Tamén xogaron: Cifu, Vermello, Joselu, Albert

Cidade de Narón: Arriví, Diego, Brais, Buján e Iago. Tamén xogaron: Guille, Iván, Bertito, Rubén.

Goles: 1-0, min. 25: Albert; 2-0, min. 32: Beto; 3-0, min. 36: Chochy; 4-0, min. 37: Cifu; 4-1, min. 37: Rubén; 5-1, min. 39: Gómez

Pavillón: Pavillón Municipal de Guardo

Cidade aplausos web

O Cidade de Narón viaxa a Palencia para enfrontarse ao Guardo FS

O técnico naronés recupera a Iván e a Bertito para este partido.

Narón, a 18 de outubro de 2018.- Este próximo sábado ás 18:00 o Cidade de Narón disputará a que será para eles a sexta xornada da liga regular. Acoden á pista do Guardo FS con todos os efectivos a disposición do técnico a falta da última sesión de adestramento.

Enfróntanse a un equipo que aínda non coñece a derrota nesta liga e que posúe moitas virtudes sobre todo en ataque con xogadores que traballan moi ben as transicións ofensivas e a finalización, así como as situacións de 1x1. Isto fará que os visitantes téñanse que esixir un plus no traballo defensivo, tanto individual como colectivo buscando que o resultado sexa o menos abultado posible.

A expedición partirá cara a Gardo o sábado ás 08:45 da mañá coa intención de disputar un gran partido e buscar un resultado positivo que lles permita seguir nos postos altos da táboa.

Cidade-Santiago de Sama-2 web

O Cidade de Narón faise cos tres puntos ante o Santiago de Sama

Cuarta vitoria dos de Narón que superaron aos asturianos por un 4-2

Guille foi un dos xogadores destacados anotando dous goles

Narón, a 13 de outubro de 2018.- O Cidade de Narón consegue sumar unha nova vitoria nun partido moi importante en casa ante a súa afección tras unha longa loita contra un gran equipo.

Na primeira metade os locais contaron con numerosas ocasións para adiantarse pero que non se conseguiron materializar, notándose as ausencias coas que partía o equipo para este encontro.

Na segunda metade os visitantes metéronse no partido e intentaron chegar á portería defendida por Arriví de forma máis numerosa e é aquí cando conseguiron adiantarse no marcador aproveitando unha desafortunada xogada en banda dos locais. Pouco tardaría en reaccionar o club naronés que un minuto máis tarde facía o empate, obra de Guille. A partir de aquí os pupilos de Albes déronlle calma ao encontro permitindo traballar xogadas de estratéxica en banda e saída de presión que deron resultado permitindo chegar aos últimos minutos cunha vantaxe que os visitantes intentaron reducir con porteiro-xogador sen éxito.

Grazas a esta vitoria o Cidade de Narón mantense nos postos altos da táboa e xa pensan no partido da próxima semana que lles enfrontará ao Deporcyl Guardo FS.

Ficha técnica:

Cidade de Narón: Arriví, Brais, Diego, Iago e Buján. Tamén xogaron: Guille, Mario, Rubén, Jaime e David.

Santiago de Sama FS: Pelayo, Marquez, Choki, Dani e Chino. Tamén xogaron: Saul, Fredy, Manute, Valdés e Javi.

Goles: 0-1, min. 24: Chino; 1-1, min. 25: Guille; 2-1, min. 32: Guille; 3-1, min. 35: Diego; 4-1, min. 38: Buján; 4-2, min. 39: Saul.

Árbitros: Pablo Coello e Borja Darriba. Amoestaron a Javi e Fredy do Santiago de Sama FS.

Pavillón: A Gándara (Narón)

Cidade-Albense web

O Cidade de Narón recibe este sábado ao Santiago de Sama

O partido terá lugar no Pavillón da Gándara ás 18:00 horas

Antes do partido do primeiro equipo xogará o Infantil de Liga Galega (16:00 horas) e posteriormente o Cadete Liga Galega (20:00 horas)

Narón, a 12 de outubro de 2018.- Os pupilos de Javier Albes reciben este fin de semana ao Santiago de Sama, equipo asturiano que se atopa en metade de táboa no momento de visitar Narón. Os asturianos son un equipo moi ordenado que saben moi ben ao que xogan e que ademais posúen unha gran capacidade ofensiva e un ritmo de xogo moi elevado que pode poñer en apretos aos locais.

O Cidade de Narón parte para este encontro coas baixas de Bertito e Iván por lesión, o que fará que o equipo resíntase no apartado ofensivo.

Antes do partido o técnico local comentábanos: ”Necesitamos seguir nunha boa liña defensiva que nos transmita seguridade e aproveitar as ocasións que teñamos xa que espero un partido moi igualado ata o final. Non queremos ceder máis puntos na nosa casa e seguir sumando nos partidos como visitante para estar o máis cerca posible dos primeiros postos e manter os obxectivos intactos neste primeiro tramo de liga”.

01_concello_naron.jpg02_padroado_deportes.jpg03_xunta_de_galicia.jpg04_fundacion_deporte_galego.jpg05_deputacion_coruna.jpg06_mafer.jpg07_fraguela.jpg
02_logo_marcial.jpg03_logo_TOBS.jpg04_logo_tintosec.jpg05_logo_cadenadial.jpg06_Logo_Telecom.jpg07_logo_Terafis.jpg08_viaxes_naron.jpg09_autos_camilo.jpg12_urbaser.jpg13_logo_calzadosmara.jpg15_logo_joyeria_fidalgo.jpg16_tienda_taberna_chis.jpg18_logo_error_ferrol.jpg19_logo_avansig.jpg22_Valio_marquesina.jpg29_Ramos_marquesina.jpg30_InmoCallao_marquesina.jpg31_Carlos_Veiga_marquesina.jpg