Esteo-Cidade web

O Cidade de Narón lévase o derbi fronte ao O Esteo

Os visitantes derrotan ao equipo pontés por 0-2.

O Cidade tivo que lidiar coa lesión de Iván que condicionou toda a segunda metade.

Narón, a 06 de outubro de 2018.- Partido moi disputado o que puidemos ver na noite do venres na localidade de As Pontes. O Cidade mantivo a intensidade e o traballo defensivo ao longo de todo o encontro o que o decantou ao seu favor.

O inicio de partido foi de tenteo para ambos equipos, con defensa en media cancha, posesións curtas e buscando situacións de 1 para 1. Nesta primeira parte a maioría das ocasións foron para O Esteo especialmente con xogadas de estratexia e balóns ao espazo ao xogador máis avanzado que foi en case todo momento Pana. O Cidade trataba de defenderse e soubo aproveitarse do xogo de pívot xerando varias ocasións grazas a esta onde chegou o único gol desta primeira metade obra de Iván San Emeterio cun tiro desde a frontal. A partir de aquí o Cidade de Narón dispuxo de dous tiros exteriores tras estratexia que non conseguiron culminar. Pola súa banda O Esteo estivo a piques de poñer o empate a través de Durán que estrelou o balón no pau.

Na segunda vimos un partido máis aberto pero sen demasiado ritmo. O Cidade seguía co mesmo sistema de defender en media cancha con xogo moi directo en ataque cedéndolle o balón a O Esteo que buscaba un bo 1x1 para conseguir o empate. A partir de entón un dos grandes protagonistas foi o porteiro visitante, Alberto Niceto que salvou un man a man nas botas de Pana e un tiro próximo de Bruno. Con todo o Cidade tamén dispuxo dunha boa ocasión na que Javichu conseguía adiviñar as intencións de Buján e evitar o segundo dos naroneses. O partido achegábase á recta final onde o equipo de Albes nunha contra sacada por Buján que busca a Brais ao segundo pau, pero este sofre un agarron de Durán que ve a segunda amarela, é expulsado e ademais provoca un penalti en contra para o seu equipo. Buján conseguiu bater a Javichu desde o punto de penalti e de aquí en diante O Esteo buscou a remontada á desesperada empregando o porteiro-xogador. Ao final varias ocasións de O Esteo de tiro exterior e algun lanzamento desde o seu propio campo do Cidade de Narón pecharon a xusta vitoria visitante no partido pertencente á cuarta xornada de liga.

Ficha técnica:

O Esteo: Javichu, Alex Durán, Pana, Rober, Jacobo. Tamén xogaron: Hector, Ayalita, Brunito, Dani e Troncho.

Cidade de Narón: Alberto, Iván, Diego, Brais e Buján. Tamén xogaron: Iago, Bertito, Guille e Mario.

Goles: 0-1, min. 5: Iván; 0-2, min. 34: Buján

Árbitros: Roberto Amor e Mario Salinas. Amonestaron a Jacobo e expulsaron a Durán por dobre amarela para O Esteo.

Pavillón: Pavillón Municipal de As Pontes (As Pontes).

Celebracin web

O Cidade de Narón enfróntase a O Esteo no derbi comarcal

O encontro disputarase o venres ás 21:00 no Pavillón Municipal de As Pontes.

O club naronés buscará seguir sumando puntos a domicilio.

Narón, a 4 de outubro de 2018.- Segunda excursión da tempada para os pupilos de Javier Albes que se medirán aos seus veciños do O Esteo, equipo cun gran potencial ofensivo que aproveita á perfección todas as opcións que se lle conceden.

O Cidade parte coas baixas de Rubén debido a unha sobrecarga e serán dúbida ata última hora tanto Mario con problemas nun tobillo así como Arriví que arrastra un proceso gripal.

O obxectivo principal do equipo non é outro que o de facerse cos tres puntos e seguir coa racha de vitorias fóra de casa logo de derrotar na primeira xornada ao Sala Ourense. Para iso saben que terán que facer un partido moi serio e non baixar a intensidade en ningún momento especialmente porque a superficie da pista de As Pontes provoca unha circulación de balón máis lenta que na cancha local do Cidade de Narón.

Cidade-Benavente web

O Cidade de Narón colleita a súa primeira derrota da tempada

O Atlético Benavente soubo aproveitar mellor as súas oportunidades e levouse o partido por un 0-4.

Narón, a 29 de setembro de 2018.- Partido moi intenso o vivido esta tarde no Pavillón da Gándara onde os visitantes souberon aproveitar os erros do Cidade para irse cun 0-3 no marcador. Durante todo o primeiro tempo o Benavente defendeu de forma moi intensa onde a posesión era cousa do equipo de Albes.

O primeiro gol vén tras unha condución de Sergio Simón que cede a Anxo ao segundo pau; o segundo ten lugar tras unha perda dun xogador do Cidade de Narón no primeiro cuarto que é aproveitada por Charly.

Tras este dous cero, o partido aséntase traballando ambos equipos en presión. É aquí cando o Cidade encaixa o 0-3 onde Sergio Simón sérvelle un pase a Malaguti que finaliza de primeiras tras un erro na presión.

A segunda parte iníciase con dúas claras ocasións para a entidade naronesa que non conseguen culminar con éxito. A partir de aquí os locais contaron con numerosas opcións de achegarse no marcador pero entre o porteiro visitante e os continuos encontronazos co pau non conseguiron sumar no marcador. A falta de sete minutos, Albes decidiu empregar o porteiro-xogador. Un minuto despois Diego non consegue agarrar un balón por alto introducíndoo na súa propia portería ocasionando o 0-4. De aí ao final do encontro os locais dispuxeron de dúas ocasións claras pero que non se materializaron. Malia todos os esforzos por reducir distancias cos de Benavente, o Cidade de Narón non logrou evitar o claro triunfo dos visitantes.

Ficha técnica:

Cidade de *Narón: Alberto, Iván, Diego, Brais, Buján. Tamén xogaron: Rubén, Iago, Guille, Bertito e Mario.

Benavente FS: Maño, Angelito, Cala, Simón, Sergio. Tamén xogaron: Joselu, Mala, Charly, Yayo, Escu e Samu.

Goles: 0-1, min.3: Angelito; 0-2, min. 7: Charly; 0-3, min.13: Mala; 0-4, min. 33: Maño.

Árbitros: Pablo Enrique Guntín e Enrique Nóvoa. Amonestaron a Guille, Iván, Brais e Rubén do Cidade de Narón e a Samu e Joselu do Atlético Benavente FS.

Pavillón: Complexo Deportivo Municipal de A Gándara.

Pabelln web

O Cidade de Narón enfróntase ao Atlético Benavente FS na terceira xornada de liga

O encontro será ás 17:00 horas do sábado e estrearase o novo pintado e vernizado do Pavillón da Gándara.

Narón, a 28 de setembro de 2018.- Tralas dúas primeiras xornadas de liga onde o club naronés conseguiu superar aos seus dous respectivos rivais, chega á Gándara un dos máximos candidatos ao título de liga. Si xa o ano pasado o Benavente dispoñía dun gran plantel, este curso sumáronselle nomes como os de Sergio Simón e o exinternacional Charly. Tamén conta nas súas filas con Malaguti, que do mesmo xeito que Sergio Simón, teñen pasado no Cidade.

No referente ao equipo local cabo destacar a ausencia de Javier Arriví trala expulsión do pasado fin de semana ante o Albense FS, sendo sancionado con 1 partido de suspensión. O seu posto ocuparao o porteiro xuvenil Fernando Combarro. Ademais Albes recupera a Bertito para este partido, xa reposto dos problemas físicos que lle impediron ser da partida a pasada semana.

O técnico de Narón comentábanos antes do partido as súas impresións: “Buscaremos referendar o noso bo inicio de liga mantendo a intensidade durante todo o partido para chegar a un final igualado onde buscaremos as nosas opción”.

Ourense-Cidade web

O Cidade de Narón buscará a súa segunda vitoria de liga

Enfróntase este sábado ás 18:00 ao CD Albense FS no seu primeiro partido como locais, ainda que fora do seu Pavillón habitual

Narón, a 21 de setembro de 2018.- Trala primeira vitoria en Ourense, a entidade naronesa verase as caras ante un equipo que vén de perder no seu primeiro enfrontamento ligueiro fronte ao Pizarras Tres Cuñados que é un dos equipos que aspiran ao título.

Unha das grandes novidades do encontro é que se xogará no Pavillón da Xunqueira de Fene debido a que o habitual pavillón da Gándara atópase en plena fase de reformas.

O Cidade de Narón parte coa baixa de Bertito por lesión. O técnico Javier Albes comentaba que se espera un partido moi disputado e aberto onde buscarán non ceder puntos na casa.

01_concello_naron.jpg02_padroado_deportes.jpg03_xunta_de_galicia.jpg04_fundacion_deporte_galego.jpg05_deputacion_coruna.jpg06_mafer.jpg07_fraguela.jpg
02_logo_marcial.jpg03_logo_TOBS.jpg04_logo_tintosec.jpg05_logo_cadenadial.jpg06_Logo_Telecom.jpg07_logo_Terafis.jpg08_viaxes_naron.jpg09_autos_camilo.jpg12_urbaser.jpg13_logo_calzadosmara.jpg15_logo_joyeria_fidalgo.jpg16_tienda_taberna_chis.jpg18_logo_error_ferrol.jpg19_logo_avansig.jpg22_Valio_marquesina.jpg29_Ramos_marquesina.jpg30_InmoCallao_marquesina.jpg31_Carlos_Veiga_marquesina.jpg