Cidade-Santiago web

O Cidade de Narón cae ante o Santiago Futsal

  • O equipo naronés despregou un gran xogo ao longo de todo o encontro.
  • A expulsión de “Bertito” no ecuador da segunda metade condicionou as aspiracións do equipo naronés para levarse o partido.

Narón, 25 de agosto de 2018.- O primeiro encontro da tempada para os pupilos de Javier Albes saldouse cunha derrota por 2-3, unha derrota que sabe amarga para os locais dado o elevado número de ocasións xeradas. Malia as baixas que presentaban, os de Albes souberon sobrepoñerse e plantarlle cara a un dos equipos que aspiran a logar o ascenso nesta campaña.

O encontro tivo varias fases nas que o Santiago Futsal puxo en apietos ao Cidade de Narón especialmente nos primeiros compases do partido e estes souberon beneficiarse dos erros locais. Ao final, o marcador podería ser moi diferente si non fose pola gran actuación dos porteiros de ambos conxuntos.

Ao final do partido o técnico Javier Albes dábanos as súas impresións achega do encontro: “foi un partido moi disputado por ambos equipos con moita igualdade, onde conseguimos remontar o partido na primeira metade a base de traballo e xogadas á contra pero o Santiago tivo un maior acerto de face a portería. Cara ao final do partido intentamos buscar o empate a base de xogo con pivot e estratexia pero non conseguimos materializar as nosas ocasións”.

Primer entreno web

O Cidade de Narón comeza a pretemporada

Os pupilos de Javier Albes inician os adestramentos coa mirada posta nos primeiros compromisos da tempada.

Narón, 14 de agosto de 2018.- Na tarde de onte, o primeiro equipo tiña a súa primeira toma de contacto co balón onde se atopaban xogadores coñecidos no club así como caras novas que buscarán adaptarse ás ordes do técnico e pelexar por un posto dentro do quinteto titular. O equipo xa traballa para o seu primeiro encontro de pretemporada que terá lugar o próximo día 25 en San Sadurniño contra un histórico da Liga Nacional de Fútbol Sala, o Santiago Futsal.

Malia comezar os adestramentos e contar con 12 xogadores nas súas filas o club traballa para poder incorporar algún xogador máis ao persoal.

Bujn web

O Cidade de Narón dá a coñecer os seus primeiros fichajes.

A entidade naronesa traballa en reforzar o persoal con novos xogadores en busca dos postos de honor na liga regular.

Narón, 10 de agosto de 2018.- Na mañá de hoxe coñeciamos o fichaje de Sergio “Buján” xogador que xa vestiu a camiseta amarela ata a tempada 2014-2015 converténdose nun dos artífices do ascenso do club naronés á categoría de prata do Futbol Sala Nacional.

Con esta nova incorporación, Javier Albes xa conta con 12 nomes aos que se espera que se some algún máis nos próximos días.

Alberto.Niceto web

O Cidade de Narón pecha o capítulo de renovacións

O club naronés espera concretar algún novo fichaje nos próximos días para dar por pechada o persoal.

Narón, 8 de agosto de 2018.- O Cidade de Narón xa coñece á maior parte de xogadores que a partir do día 13 deste mes poñeranse ás ordes do técnico Javier Albes. Os últimos nomes en unirse ao equipo foron os de “Alberto” Niceto, Javier “Arriví” e “Rubén” Cabada que continuarán unha tempada máis defendendo a elástica amarela así como “Mario” García que sobe da categoría xuvenil en busca de facerse un oco no primeiro equipo.

Arrivi-Ruben-Mario web

Sen dúbida, o Cidade de Narón presenta un persoal novo e ambiciosa que buscará colleitar o maior número de éxitos.

 

Ivn-Guille web

O Cidade de Narón segue estructurando o seu novo persoal.

Guille, Iván e Bertito renovan o seu compromiso coa entidade naronesa.

Narón, 7 de agosto de 2018.- A confección do persoal do Cidade de Narón avanza con paso firme. Ás renovaciones de *Asier *Carnero, *Iago” Otero, *Diego” Vázquez e “Brais” García súmanse hoxe a dos xogadores Guillermo Seoane “Guille”, “Iván” San Emeterio e Alberto Tojeiro “Bertito”. Tres nomes propios no grupo que está conformando o técnico Javier Albes e que renderon a un altísimo nivel na pasada tempada. Bertito web

 A entidade naronesa continúa traballando para pechar o persoal coa que loitará polos primeiros postos na Segunda División B do futbol sala nacional polo que nos próximos días coñeceremos os nomes do resto de compoñentes do Cidade de Narón para a tempada 2018-2019.

01_concello_naron.jpg02_padroado_deportes.jpg03_xunta_de_galicia.jpg04_fundacion_deporte_galego.jpg05_deputacion_coruna.jpg06_mafer.jpg07_fraguela.jpg
02_logo_marcial.jpg03_logo_TOBS.jpg04_logo_tintosec.jpg05_logo_cadenadial.jpg06_Logo_Telecom.jpg07_logo_Terafis.jpg08_viaxes_naron.jpg09_autos_camilo.jpg12_urbaser.jpg13_logo_calzadosmara.jpg15_logo_joyeria_fidalgo.jpg16_tienda_taberna_chis.jpg18_logo_error_ferrol.jpg19_logo_avansig.jpg22_Valio_marquesina.jpg29_Ramos_marquesina.jpg30_InmoCallao_marquesina.jpg31_Carlos_Veiga_marquesina.jpg