Segunda-B 2018-2019 bis web

O Cidade de Narón disputa o último partido do 2018

O sábado ás 18:00 o equipo naronés pechará diante da súa afección a primeira volta da liga regular fronte o Xove FS

Narón, ao 21 de decembro de 2018.– Chegamos a datas do Nadal e as clasificacións vanse asentando e vanse postulando os equipos que pelexarán polos ascensos. O Cidade de Narón enfróntase o sábado ao Xove FS, equipo que se atopa a tres puntos dos locais na táboa e que realizou unha gran primeira volta de campaña. A escuadra lucense é un persoal cun gran perigo para porta ademais de contar con varios xogadores moi técnicos e cunha gran capacidade no 1x1.

Albes non poderá contar para este encontro con Rubén e Jaime que carrexan problemas musculares. Ademais Guille será dúbida ata última hora debido a unha contusión no pé dereito.

O técnico de Narón comentaba antes do partido: “Partido moi complicado o que temos por diante que temos que gañar para manter a terceira posición e irnos ás vacacións con grandes sensacións para empezar o 2019 con forzas renovadas”.

Segunda b web

Cidade de Narón disputa o penúltimo partido da primeira volta

O equipo naronés viaxa a León para enfrontarse ao Puertas Deyma na tarde do sábado ás 17:00

Narón, a 14 de decembro de 2018.– Os pupilos de Javier Albes teñen ante si, o último desprazamento deste 2018, onde visitan a cancha dun recentemente ascendido que ocupa os postos de descenso e que non cultivou os resultados esperados ata o momento, pero que quererá poñer as cousas difíciles aos visitantes e tentar escalar postos na táboa e máis xogando na casa onde os últimos resultados, a pesar de saldarse con derrotas, foron pola mínima.

Os de Narón viaxarán cara á localidade leonesa o sábado ás 10:45 con todos os xogadores dispoñibles fóra de Guille e Rubén que non serán da partida por problemas musculares, entrando finalmente na convocatoria Niceto que foi dúbida ata última hora.

Antes do encontro o técnico naronés comentaba: “Vimos dunha dinámica de vitorias bastante boa a cal debemos referendar en León para manternos entre os tres primeiros e chegar aos obxectivos establecidos. Non debemos confiarnos xa que os números poden resultar enganosos polo que debemos de saír intensos desde o principio”.

Ivn Boal web

O Cidade de Narón vence ao FS Boal por un contundente 7-2

Con esta vitoria o equipo afiánzase na terceira posición da clasificación

Narón, a 8 de decembro de 2018.– Os pupilos de Javier Albes lograban a cuarta vitoria consecutiva encadeando a súa mellor serie desde o comezo da tempada.

Un gran inicio de partido dos locais que comezaban moi sólidos na presión o que facía que o FS Boal non sentise cómodo impedindo que levasen a posesión e o peso do partido chegando nos primeiros minutos dous goles locais.

Pouco máis tarde, nuns minutos tolos sucedéronse tres goles en pouco máis dun minuto, cando os asturianos aproveitaron un erro na defensa naronesa propiciado por un exceso de confianza, para poñer o 2-1 no marcador. A pesar deste gol, os locais conseguiron ampliar a diferenza ata chegar ao descanso cun colchón de dous goles de diferenza (4-2).

Na segunda metade o peso total do partido foi a parar a pés dos locais que realizaron un gran labor defensivo cumprindo co trámite de manter o resultado ampliando en tres goles máis a diferenza. Os visitantes tiveron a opción de reducir diferenzas nos minutos finais cun dobre-penalti que liquidaría cunha gran intervención Alberto Niceto.

A próxima semana o equipo viaxará a León para enfrontarse ao Puertas Deyma en busca dunha nova vitoria que lles permita aproximarse aos dous primeiros clasificados.

Ficha técnica:

Cidade de Narón: Alberto, Guille, Brais, Iago e Iván. Tamén xogaron: David, Bertito, Buján, Diego, Mario e Rubén.

FS Boal: Marcos, Adri, Fredi, Santi e Jonas. Tamén xogaron: Vilen, Borja e Christian.

Goles: 1-0, min. 3: Guille; 2-0, min. 7: David; 2-1, min. 13: Santi; 3-1, min. 13: Guille; 3-2, min. 14: Santi; 4-2, min. 19: Diego; 5-2, min. 25: David; 6-2, min. 28: Iván; 7-2, min. 37: Jonas ( p. p)

Árbitros: Alfredo Castro e Miguel Sierra. Mostraron Tarxeta Amarela a Bertito e a Iago polo Cidade de Narón e a Fredi e Marcos polo FS Boal.

Pavillón: Complexo Deportivo Municipal da Gándara

Cidade-Zamora web

O Cidade de Narón vence pola mínima ao CFS Zamora

Un solitario gol de Guille fixo que os tres puntos quedásense na Gándara.

Narón, a 25 de novembro de 2018.- O Cidade de Narón conseguía a súa terceira vitoria consecutiva na tarde de onte onde conseguiu superar ao club zamorano.

Durante a primeira metade os locais xeraron numerosas ocasións que non conseguían transformar e o Zamora buscaba saír da presión sen éxito. O Narón gozaba da posesión e levaba o peso do partido, loitando contra os ataques dos visitantes con balóns longos de Santos buscando o xogo directo.

Co inicio da segunda parte puidemos ver un partido máis aberto onde os naroneses puideron marcar en dúas ocasións a través de Buján que conectaba con Iván na posición de pívote pero atopáronse con dúas grandes actuacións do porteiro visitante. O Zamora buscaba saír desta presión e xeraba algunha ocasión de gol con saques de banda próximos ao área. No minuto 32 tras unha maxistral xogada entre Iván e Guille, este último consegue abrir o marcador cun tiro desde dentro do área.

A partir de aquí, o CFS Zamora subiu liñas abríndose o partido tendo no balón parado dous das súas ocasións máis claras para facer o empate buscando posteriormente con 5x4 sacar algún punto da Gándara, pero non puideron aproveitar as súas ocasións.

Ficha técnica:

Cidade de Narón: Alberto, Brais, Iván, Guille e David. Tamén xogaron: Buján, Iago, Diego, Bertito, Rubén e Jaime.

CFS Zamora: Santos, Kike, Josico, Nacho e Álvaro. Tamén xogaron: Montoya, Magy, Alvarito e Guiller.

Goles: 1-0, min.32: Guille

Árbitros: Rodriguez Rendal e Santoveña Fernández. Amoestaron a Buján e Iván do Cidade de Narón e a Josico. Magy e Guiller do CFS Zamora.

Pavillón: Complexo Deportivo Municipal da Gándara.

Cidade-Pizarras web

O Cidade de Narón visita este sábado ao Leis Pontevedra FS

O club naronés buscará unha nova vitoria que lles permita seguir nos postos altos da táboa

Narón, a 15 de novembro de 2018.- Chega unha nova xornada ligueira na 2º División B onde o Cidade de Narón desprazarase a Pontevedra para enfrontarse a un plantel renovado, con caras novas e un novo adestrador, que malia non colleitar uns grandes resultados nestas últimas xornadas compite en todos os partidos o que complica as cousas en gran medida aos seus rivais.

Para este encontro e a falta da última sesión de adestramento, Albes contará con todos os efectivos, fóra diso Mario que continúa de baixa.

O técnico naronés declaraba antes do partido: “Imos a unha pista onde obtivemos bos resultados nestas últimas tempadas. Espero un partido intenso e moi disputado onde case seguro cheguemos a un final aberto con posibilidades para ambos equipos”.

O persoal partirá cara a Pontevedra o sábado ás 14:00 para disputar o partido ás 17:00.

01_concello_naron.jpg02_padroado_deportes.jpg03_xunta_de_galicia.jpg04_fundacion_deporte_galego.jpg05_deputacion_coruna.jpg06_mafer.jpg07_fraguela.jpg
02_logo_marcial.jpg03_logo_TOBS.jpg04_logo_tintosec.jpg05_logo_cadenadial.jpg06_Logo_Telecom.jpg07_logo_Terafis.jpg08_viaxes_naron.jpg09_autos_camilo.jpg12_urbaser.jpg13_logo_calzadosmara.jpg15_logo_joyeria_fidalgo.jpg16_tienda_taberna_chis.jpg18_logo_error_ferrol.jpg19_logo_avansig.jpg22_Valio_marquesina.jpg29_Ramos_marquesina.jpg30_InmoCallao_marquesina.jpg31_Carlos_Veiga_marquesina.jpg