Niceto web

 

Niceto ficha polo Cidade

 

O xogador vestirá de amarelo e defenderá a portería do primeiro equipo naronés

Narón, 13 de agosto de 2015.- Alberto Niceto Néboa García é a última incorporación ao primeiro equipo do Cidade de Narón FS. Niceto defenderá a portería e xa está ás ordes do corpo técnico capitaneado por Javi Albes.

Alberto Niceto Néboa ten 23 anos e formouse en Ou Parrulo Ferrol ata xuvenís. Posteriormente militou no Unidade de Fene e tamén no Esteo das Pontes en Primeira B.

Achegamos unha foto do novo porteiro do Cidade de Narón xunto co director xeral Tomás Llao.

Estamos en Segunda!

Narón quere máis Cidade

Con toda a ilusión do mundo

O novo Cidade de Narón FS de Segunda División e de LNFS comezou esta tarde o curso deportivo e inicio unha pretemporada cargada de ilusión, motivación e buscando a consolidación na categoría de prata do fútbol sala español

Narón, 11 de agosto de 2015.- Este 11 de agosto pasará á historia do deporte naronés como o día en que o club máis representativo do fútbol sala do Concello inicia o seu andadura na Liga Nacional de Fútbol Sala. Esta tarde tivo lugar a presentación do primeiro equipo e o inicio de pretemporada cos habituais tests físicos.

O corpo técnico planificou sesións de preparación física e adestramentos técnico-tácticos ao longo da semana. Haberá sesións de traballo mañá mércores, o xoves e o vindeiro venres. As citas de preparación física desenvolveranse no pinar de Cabanas, polo menos as primeiras sesións, apunta o máximo responsable do equipo Javi Albes.

O traballo técnico-táctico terá lugar en pabellón . Durante o mes de agosto alternarase o gimnasio da instalación da Gándara e o pabellón da Solaina en Santa Icia.

O equipo presentouse ao completo salvo Borja e Buján que xustificaron a súa ausencia por motivos estrictamente laborais.

O novo Cidade de Narón FS estará formado polos seguintes xogadores con estes dorsales;

1.-Arriví

5.-Javito

6.-Jaco

7.-Rober (capitán)

8.-Buján

9.-Alex Garea

10.-Borja

11.Brais

14.-Juve

21.-Ayalita

24.-Iván

27.-Juanjo

Pola súa banda Bebeto, Cokito e Javichu aínda non teñen asignado dorsal.

O corpo técnico estará composto por Javi Albes, David Garcia, Luís Fariña, Manuel Castro,Óscar e Gumersindo Díez

O técnico resalta a necesidade de consolidarse na categoría

Javi Albes destacou a necesidade de consolidar ao equipo na Segunda División e lograr canto antes a permanencia na competición. O técnico apunta que o gran obxectivo é a permanencia aínda que non pecha as portas a nada. Espera comezar con bo pé a liga. Iso é o máis importante. Un bo comezo despexa moitas dúbidas, apunta.

Albes está totalmente convencido de que o equipo é competitivo e que espera que na pretemporada o grupo desenvolva o rodaje necesario para empezar con bo pé a liga. Gustaríame ter algún pivot máis que acompañe a Jaco nesta función. De todos os xeitos o grupo é o suficientemente competitivo para afrontar a liga, resalta.

Espero que a Segunda División sexa só o tránsito á primeira, apunta Tomás Llao

O director xeral Tomás Llao mostrouse moi satisfeito pola confección do equipo. Recuperamos a Javi Albes, o noso gran fichaje. Temos moita confianza neste técnico que como se sabe é da casa e coñece moi ben o club, aos xogadores e tamén a competición, a Liga Nacional, manifesta o veterano dirixente. Tomás destaca o gran esforzo que fixo o club por reforzar o plantel do ano pasado coas novas incorporaciones. O noso gran obxectivo é a permanencia. Temos que ser humildes pero non pechamos a porta a nada e creo que temos equipo para estar, tranquilamente, no medio da clasificación, resalta o director xeral. Llao quixo destacar o gran traballo realizado polo presidente Moncho Padín e tamén polo resto da xunta directiva así como polo director deportivo Marcos Padín.

Estou convencido de que realizaremos un gran papel este ano, manifesta o presidente

O presidente Moncho Padín acompañado dos dous vicepresidentes Tomás Llao e Alfonso García pechou o acto desexando toda a sorte do mundo ao equipo e presentando a nova estrutura organizativa do club. Afrontamos este novo reto con toda a ilusión do mundo e aquí estamos unha xunta directiva, ampliada e unha estrutura organizativa ao servizo dun club competente dentro da LNFS, resumiu o máximo dirixente da entidade. O presidente presentou ao novo vicepresidente segundo Alfonso García que tamén desexo sorte ao equipo.

Estamos en Segunda!

Narón quere máis Cidade

Os equipos alevín e benjamín do Cidade de Narón proclamáronse campións do torneo de Nogueirosa-Pontedeume

 

Os dous conxuntos lograron a primeira posición nas súas respectivas categorías mentres que os infantís conseguiron a cuarta posición. 


Narón, 10 de agosto de 2015.- A base do Cidade de Narón FS quenta motores mentres que continúa a bo ritmo o proceso de preinscripción para o próximo curso deportivo. Este pasado fin de semana tres equipos do club participaron no torneo de pretemporada celebrado en Nogueirosa-Pontedeume. Os benjamines e os alevines gañaron o citado torneo nas súas respectivas categorías. Así, os alevines lograron impoñerse na final ao Libunca mentres que os benjamines venceron ao Esteiro. Pola súa banda os infantís quedaron en cuarta posición. O Cidade de Narón quere agradecer á organización do torneo de Nogueirosa o trato recibido e tamén felicitarlles pola preparación e a excelente organización do evento.
Mentres tanto o proceso de preinscripción na escola evoluciona a bo ritmo e o Cidade informa que segue aberto o periodo para apuntarse en todas as categorías.
Mañá comeza o primeiro equipo
O primeiro equipo inicia mañá a pretemporada. Os xogadores están convocados ás 19.30h no pabellón da Gándara.


Estamos en Segunda! 
Narón quere máis Cidade

albes-1

 

O martes vestímonos de curto

O vindeiro martes iníciase a pretemporada para o primeiro equipo coa tradicional “presentación”. Javi Albes ten planificada sesión para todos os días da semana.

O vindeiro martes 11 de agosto iniciamos curso deportivo. Será unha temporada especial xa que afrontamos, por primeira vez, a nosa etapa na Segunda División e na LNFS. O técnico Javi Albes convocou a todos os xogadores inscritos ao primeiro plantel. Será este martes ás 19.30 horas no pavillón da Gándara. Está prevista a habitual presentación do grupo e os tradicionais “test físicos” de inicio de pretemporada.

O corpo técnico planificou sesións de preparación física e adestramentos técnico-tácticos ao longo da semana. Haberá sesións de traballo o mércores, xoves e venres. As citas de preparación física desenvolveranse no pinar de Cabanas, “polo menos as primeiras sesión”, apunta o máximo responsable do equipo Javi Albes.

O traballo técnico-táctico terá lugar no pavillón. Durante o mes de agosto alternarase o ximnasio da instalación da Gándara e o pavillón da Solaina en Santa Icía.


Javi Albes confía moito no grupo e é optimista no arranque ligueiro

O técnico está tranquilo e mostra o seu optimismo no inicio ligueiro. Coñece ben ao grupo humano que dirixirá e que xa dirixiu fai dúas tempadas, ademais, seguirá contando cos axudantes que o ano pasado tiña o club, moitos deles coñecidos porque tamén formaron parte do seu equipo técnico fai dúas campañas.

“Hai moito traballo feito de anteriores anos. Non é nada novo para min. Tanto os xogadores como os meus axudantes son xente da casa, xente coa que traballei noutros momentos e que me dan moita confianza”, manifesta Albes.

“O meu gran obxectivo a curto prazo é preparar unha pretemporada eficaz para iniciar, arrincar a liga ben. É importante empezar ben a competición”, incide o adestrador. Albes destaca o reforzo de última hora de moitos equipos de prata.

O martes comezará o curso deportivo o novo Cidade de Narón. A cita será ás 19.30h no pavillón da Gándara.

 

Estamos en Segunda

Narón quere máis Cidade

 

Club completo web

 

O Cidade de Narón Futsal potencia a súa escola e abre o seu periodo de inscrición ata o mes de setembro. Non hai límite de prazas.

O Cidade de Narón impulsará notablemente a súa escola de fútbol sala na próxima temporada. Os responsables da escola, Almudena Fariña e Bruno García, traballan intensamente na nova estrutura.
Hai prazas de biberón, prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete.
A categoría biberón engloba ás/os nenas/neos nados nos anos 2010/11/12.
Prebenxamín ………… 2008/09
Benxamin …………….. 2006/07
Alevín ………….……… 2004/05
Infantil ………………… 2002/03
Cadete ……..………… 2000/01

 

Estará aberto o prazo de inscrición ata o mes de setembro.
Na páxina web do club pódese baixar o impreso para inscribirse.

Para máis información chamar a:
Bruno García (coordinador) ….. 618-643-070
Almudena Fariña ……...……… 609-946-781

 

Estamos en Segunda

Narón quere máis Cidade

 

01_concello_naron.jpg02_padroado_deportes.jpg03_xunta_de_galicia.jpg04_fundacion_deporte_galego.jpg05_deputacion_coruna.jpg06_mafer.jpg07_fraguela.jpg
02_logo_marcial.jpg03_logo_TOBS.jpg04_logo_tintosec.jpg05_logo_cadenadial.jpg06_Logo_Telecom.jpg07_logo_Terafis.jpg08_viaxes_naron.jpg09_autos_camilo.jpg12_urbaser.jpg13_logo_calzadosmara.jpg15_logo_joyeria_fidalgo.jpg16_tienda_taberna_chis.jpg18_logo_error_ferrol.jpg19_logo_avansig.jpg22_Valio_marquesina.jpg29_Ramos_marquesina.jpg30_InmoCallao_marquesina.jpg31_Carlos_Veiga_marquesina.jpg