Tomás web

 

Homenaxe a Tomás Llao, Vicepresidente do Cidade de Narón

"40 anos de paixón polo fútbol sala"

 

Os salóns do Hotel Almirante de Ferrol servirán de escenario para a homenaxe ao directivo ferrolano. Será o vindeiro venres 11 de setembro a partir das 22h nunha cea-homenaxe

 

Narón, 27 de xullo de 2015.- O venres 11 de setembro o fútbol sala galego renderá unha caluroso e emotiva homenaxe a un dos “grandes” directivos que deu este deporte en Galicia. Tomás Llao Gómez, actual Vicepresidente do Cidade de Narón, fundador de varios equipos e directivo de grandes clubs de Galicia, recibirá o recoñecemento de todo o noso deporte. O acto comezará ás 22 horas e desenvolverase no transcurso dunha cea-homenaxe que se celebrará nos salóns do Hotel Almirante de Ferrol.

 

Llao foi Xerente de O Parrulo Ferrol en Primeira División e División de Prata e Delegado do primeiro equipo ferrolano, ademais de Director Deportivo da entidade e Presidente-fundador da escola de fútbol-sala de O Parrulo.

 

Comezou no fútbol sala en 1975 e formou parte de equipos como o Café Bar La Peña, Grupo Bazán, Joyería Jaype, Os Amigos, Galicia de Caranza e coordinou a base de fútbol sala do colexio Compañía de María de Ferrol durante doce anos.

 

Membro-fundador da Asociación Ferrolana “Deporte para Todos”, Llao foi Director Deportivo do histórico Boandanza de Fene, equipo que militou en Segunda División e que fundou xunto co Egasa-Chastón da Coruña a Liga Nacional de Fútbol Sala a nivel galego. Ademais foi membro-fundador da escola de fútbol sala do Boandanza, membro-fundador do club Cidade de Narón do que actualmente é Vicepresidente e Director Xeral.

 

Tomás Llao é adestrador autonómico de fútbol sala pola FGFS e formou parte da organización e coordinación da gala do 25º aniversario do Fútbol Sala Ferrolano. Realizou xestións para que a Selección Española Absoluta de Fútbol Sala visitase Ferrolterra en dúas ocasións e tamén os combinados de Thailandia, Rumanía, Guatemala, Vietnam, Dinamo de Moscú, etc.

 

Para apuntarse e participar na homenaxe é necesario ingresar 30 euros por persoa na conta do Cidade de Narón FS (ABANCA, ÉS85 2080 0235 9330 4000 1325) coa descrición de “HOMENAXE A TOMÁS LLAO” e o nome do participante.

 

Para máis información contactar co coordinador da homenaxe Xan Morales a través do teléfono 630 344 532 ou no correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

O prazo para apuntarse finalizará o venres 4 de setembro.

Angel Marketing web

 

O Cidade potencia a súa área de Marketing, Publicidade e Prensa


Angel Manuel Gómez Paz incorpórase á entidade coa intención de potenciar este campo de traballo nun club que afronta a súa primeira tempada na Liga Nacional de Fútbol Sala (LNFS)


Narón, 22 de xullo de 2015.- A Xunta de Goberno do Cidade de Narón Futsal informa que se incorpora á súa estrutura organizativa Angel Manuel Gómez Paz, que se encargará do Área de Marketing e Publicidade do club.

Coa incorporación de Angel búscase intensificar esta área de traballo trala nova dimensión que afronta a entidade co primeiro equipo na Segunda División do Fútbol Sala Español.
A directiva tamén confirma ao xornalista Xan Morais como Xefe de Prensa do club, cargo que xa ocupou nas últimas dúas tempadas en Segunda B.

O departamento de prensa adquire novas responsabilidades e esixencias, en liña cos parámetros de comunicación establecidos na *LNFS para os seus membros.


! Estamos en Segunda !

Narón quere máis Cidade

efs campeones.copa

Campións de Copa

Os equipos benjamín e alevín do Cidade de Narón FS proclamáronse campións de copa este domingo na Gándara e conseguiron o "doblete" esta tempada

Os equipos benjamín e alevin do Cidade de Narón FS lograron o Campionato de Copa ao vencer ao Narón FutSal por 8 a 2 na final benjamín e ao Parrulo Ferrol na final alevin. O partido ante o equipo de Ferrol acabou con empate a cero tantos pero o Cidade de Narón FS impúxose na tanda de penaltis. Coa consecución da copa os dous equipos lograron o "doblete" esta campaña ao vencer tamén na liga.


O próximo fin de semana os equipos prebenjamin, biberones, benjamín e alevín participarán no Torneo do Narón O Freixo que se disputará no pabellón das Lagoas. Ademais os responsables da escola, Bruno García e Almudena Fariña xa traballan no torneo de Luarca (Asturias) que se celebrará os próximos 4,5 e 6 de xullo cunha gran participación do Cidade de Narón FS. Así, viaxarán a Luarca dous equipos benjamines e un equipo nas categorías alevín, cadete e xuvenil. 

efs bruno.y.almu

Renovación no staff da escola: Bruno García e Almudena Fariña serán os novos responsables


O Cidade de Narón impulsa unha renovación na súa estrutura organizativa para adecuala ao novo contexto dun club da Liga Nacional de Fútbol Sala e co obxectivo de potenciar a base


A xunta directiva que preside Moncho Padin xa traballa no Narón 2015-2016, un club que terá ao seu principal equipo na Segunda División do fútbol sala español e como membro de pleno dereito da Liga Nacional de Fútbol Sala. A nosa entidade é a terceira sociedade da comarca de Ferroterra en pertencer á LNFS despois do club-fundador da Liga, o Boandanza de Fene, e dos nosos veciños O Parrulo Ferrol. 


Neste novo contexto, a directiva afrontou estes días a renovación do staff da nosa escola deportiva, coa intención de dar un novo impulso á base do fútbol sala no Concello de Narón e tamén na nosa comarca.


Desta forma a directiva acordou nomear ao técnico Bruno García e á xornalista e secretaria do club Almudena Fariña como responsables deportivo e administrativo da Escola do Club, respectivamente. Os dous dirixentes planificarán a tempada e o novo curso deportivo.


Bruno García xa desempeñaba labores de adestrador e monitor na base do club mentres que Almudena Fariña ocupaba e ocupará a súa función de secretaria da Xunta Directiva do Cidade de Narón Futsal.

lnfs logo

O Cidade de Narón cumpre os prazos para o seu ascenso á LNFS

O Cidade de Narón FS dá un novo paso, está vez no procedemento administrativo, para ser membro de pleno dereito da Liga Nacional de Fútbol Sala ao pagar os dereitos establecidos en tempo e forma


O Cidade de Narón FS informa do cumprimento de todos os requisitos administrativos establecidos nun primeiro proceso pola L.N.F.S. para a adquisición de todos os dereitos para ser membro da Asociación que engloba ao fútbol sala profesional en España (LNFS).


O Cidade de Narón FS conseguiu o pasado mes de maio o ascenso deportivo directo e dispoñía, ata o día de hoxe, do prazo de tempo necesario para facer fronte ao aval e ao pago de dereitos que dan opción a pertencer á prestixiosa asociación, que regula a competición de primeira e segunda división en España, baixo o aval do Comité Nacional de Fútbol Sala pertencente á RFEF.


A directiva xa traballa na confección dun persoal competitiva para afrontar o reto da Segunda División.

01_concello_naron.jpg02_padroado_deportes.jpg03_xunta_de_galicia.jpg04_fundacion_deporte_galego.jpg05_deputacion_coruna.jpg06_mafer.jpg07_fraguela.jpg
02_logo_marcial.jpg03_logo_TOBS.jpg04_logo_tintosec.jpg05_logo_cadenadial.jpg06_Logo_Telecom.jpg07_logo_Terafis.jpg08_viaxes_naron.jpg09_autos_camilo.jpg12_urbaser.jpg13_logo_calzadosmara.jpg15_logo_joyeria_fidalgo.jpg16_tienda_taberna_chis.jpg18_logo_error_ferrol.jpg19_logo_avansig.jpg22_Valio_marquesina.jpg29_Ramos_marquesina.jpg30_InmoCallao_marquesina.jpg31_Carlos_Veiga_marquesina.jpg