ayalita-roberpaz

 

O Cidade clasifícase para semifinais na copa Diputación


O equipo de Pedro Rivera venceu por 5 a 7 ao Alameda de Xario


O Cidade de Narón continua coa súa particular "lúa de mel deportivo". O conxunto amarelo clasificouse esta tarde para semifinais da copa provincial ao eliminar ao Xario de Miño por 5 a 7. O conxunto naronés xogará co Parrulo de Ferrol en semifinais, á volta das vacacións.


O partido tivo o espectáculo que dan os goles, un total de 12 tantos polos dous equipos. O Xarío xogou atrás e buscou as súas oportunidades con roubos de balón, contras e rápidas transicións defensa-ataque. Os dous equipos estiveron acertados cara a portería e o encontro mantívose igualado e aberto ata os últimos minutos do enfrontamento onde Juve e Jaco consolidaron a diferenza no marcador e sentenciaron o partido.

 

Ficha técnica:

 

 

Xario de Miño:  Trampas, Dani, Carlos, Alex y Elias. Tamén xogaron Iván, Javi e Pablo.

 

 

Cidade de Narón: Ángel, Jaco, Alex, Christian e Buján. Tamén xogaron Róber, Brais, Juve e Iván (juvenil)

 

 

Goles: 0-1, min 1: Jacobo; 1-1, min 12: Elias; 2-1, min 14: Dani; 2-2, min 15: Juve; 2-3, min 17: Iván ; 3-3, min 25 : Pablo ; 4-3, min 30 : Alex ; 5-3, min 32 : Alex ; 5-4, min 34 : Jacobo ; 5-5, min 35 : Juve ; 5-6, min 36 : Jacobo ; 5-7, min 37 : Juve.

 

 

Tarxetas  para Carlos(2) e expulsión, Javi e Pablo

 

cdn-campeones

Estamos en 2ª División


O Cidade de Narón logrou esta tarde un ascenso histórico ante o Colo-Colo de Zaragoza. O partido acabou con empate a un gol. O pabellón da Gándara rexistrou unha excelente entrada, a mellor da tempada. 


Este sábado 30 de maio pasará á historia do deporte do Concello de Narón. O noso primeiro equipo logrou o ascenso á Segunda División Nacional e a súa entrada na Liga Nacional de Fútbol Sala. O partido foi un mero trámite logo da goleada naronesa no partido de ida (1-4). Máis de 1.000 persoas achegáronse ao pabellón da Gándara para presenciar, apoiar e gozar do partido. O alcalde de Narón José Manuel Branco, o presidente da Federación Galega de Fútbol Sala Juan Probaos, directivos da FGF e directivos doutros clubs apoiaron ao Cidade de Narón neste momento crucial.


A directiva quere agradecer a todos os estamentos do fútbol sala galego o seu apoio esta tarde e tamén á FGF, Concello de Narón e patrocinadores do club naronés pero sobre todo aos xogadores do primeiro equipo e ao corpo técnico capitaneado por Pedro Rivera.


O partido, como diciamos anteriormente, foi de mero trámite. O encontro acabou con empate a un gol. O Colo-Colo desprazouse a Narón con só 8 xogadores e nunca foi a por o partido e a por a eliminatoria. 


Comezou marcando o Cidade co gol de Brais tras unha internada por banda e o seu posterior remate á escuadra. Corría o minuto 4 de partido. O conxunto maño empató no último minuto tras unha xogada combinada con porteiro-xogador. O autor do tanto visitante foi Muniesa. No transcurso do partido houbo algún pau, algunha contra con perigo pero sen moita mordiente polos dous equipos. 

 

Ficha técnica:


Cidade de Narón FS: Arriví, Jacobo, Lito, Buján e Juve. Tamén xogaron Borja, Róber, Brais, Álex, Christian.


Colo Colo: Rodri, Alqueza, Muniesa, Dani e Antolín. Tamén xogaron Conde e Voro.


Goles: 1-0, min 4: Brais; 1-1, min 39: Muniesa.


Árbitros : Vilás López e Menéndez Nistal. Mostraron cartulinas a Dani polo Colo Colo e a Borja e Jacobo polo Cidade de Narón.


Pabellón: A Gándara. 1.000 persoas

Estamos en Segunda! 
Narón quere máis Cidade 

 

 

 

alcalde-presidente

 

O Concello e o Club Cidade de Narón de Fútbol Sala asinan un convenio de colaboración cunha vixencia anual

 

“Estamos agradecidos e valoramos moi positivamente o esforzo do Concello en potenciar o fútbol sala”, afirma o presidente Moncho Padin

 

O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e o presidente do Cidade de Narón FS, Moncho Padín, asinaron hoxe un convenio de colaboración en materia deportiva.

 

O acordo ten unha vixencia anual (do 1 de xaneiro ao 31 de decembro do 2015) e a través do mesmo o Club recibirá do Concello unha achega de 70.000 euros (dos cales 10.000 euros son para transporte) para o desenvolvemento da actividade deportiva do fútbol sala no termo municipal e en todos os niveis.

 

Asimesmo, poderá utilizar as instalacións do Complexo Polideportivo Municipal de A Gándara (incluída a sala de musculación) e o Pavillón Campo da Serra de Santa Icía.

 

O presidente do club, Moncho Padin, afirmou que a entidade agradece o esforzo do Concello a favor do desenvolvemento do fútbol sala.

Benjamines-A 2      Prebenjamines 1

 

Resultados Fin de Semana 15/16 - Nov - 2014

Categoría Data Local Resultado Visitante
2ª B 15.11.2014  CIDADE DE NARÓN 5 5 Noia, F.S.
Veteranos 16.11.2014 SEDES CIDADE DE NARÓN 6 9 Carp. Juanma-Valdetires
Senior Local 15.11.2014 SEDES CIDADE DE NARÓN 2 3 Mesón Xatova
Xuvenil 15.11.2014  Randulfe Futsal 5 3 CIDADE DE NARÓN
Cadete 16.11.2014 Leis Pontevedra, F.S. 6 5 CIDADE DE NARÓN
Infantil   CIDADE DE NARÓN     Descansa
Alevín 16.11.2014 CIDADE DE NARÓN 8 2 O Parrulo "A"
Benxamín A 16.11.2014 Narón Futsal "B" 0 19 CIDADE DE NARÓN "A"
Benxamín B 16.11.2014 CIDADE DE NARÓN "B" 8 1 A Solaina "B"
Prebenxamín 16.11.2014 O Parrulo "B" 4 2 CIDADE DE NARÓN

Alevín 1

 

Resultados Fín de Semana 8/9-Novembro-2014

 

Categoría Data Local   Visitante
2ª B 08.11.2014  Leis Pontevedra, F.S. 0 5 CIDADE DE NARÓN
Veteranos 09.11.2014 Vinoteca Philadelphia 1 2 SEDES CIDADE DE NARÓN
Senior Local 08.11.2014 Ciclos Roca 3 2 SEDES CIDADE DE NARÓN
Xuvenil 09.11.2014 CIDADE DE NARÓN 3 2 Concello de Guitiriz
Cadete 09.11.2014 CIDADE DE NARÓN 1 4 EDC Verín
Infantil 09.11.2014 Narón Futsal 8 1 CIDADE DE NARÓN
Alevín 09.11.2014 S. R.y D. Canido "A" 1 11 CIDADE DE NARÓN
Benxamín A 09.11.2014 CIDADE DE NARÓN 16 0 O´Parrulo F.S. "B"
Benxamín B 09.11.2014  Narón Futsal "A" 9 3 CIDADE DE NARÓN
01_concello_naron.jpg02_padroado_deportes.jpg03_xunta_de_galicia.jpg04_fundacion_deporte_galego.jpg05_deputacion_coruna.jpg06_mafer.jpg07_fraguela.jpg
02_logo_marcial.jpg03_logo_TOBS.jpg04_logo_tintosec.jpg05_logo_cadenadial.jpg06_Logo_Telecom.jpg07_logo_Terafis.jpg08_viaxes_naron.jpg09_autos_camilo.jpg12_urbaser.jpg13_logo_calzadosmara.jpg15_logo_joyeria_fidalgo.jpg16_tienda_taberna_chis.jpg18_logo_error_ferrol.jpg19_logo_avansig.jpg22_Valio_marquesina.jpg29_Ramos_marquesina.jpg30_InmoCallao_marquesina.jpg31_Carlos_Veiga_marquesina.jpg